sábado, 8 de octubre de 2016

Volta a TERRIÑA

Despois de traballar moito e moi ben, os parabens e agradecementos a organizacion.
E despois a festa de despedida. E xa últimos momentos en terra lituana.

jueves, 6 de octubre de 2016

Chegamos ao Baltico

Pola tarde paseamos polo xardin botánico de Palanga ate o Museo do Ambar. Tras a visita, baixamos ate a praia para ver o mar Báltico.

Maña no Museo da Guerra Fria

Nun proxecto sobre a resolución de conflitos, a visita a este museo en Plokstine foi moi oportuna, ademais de moi moi interesante.
Era un complexo militar soviético composto por varios búnkeres e un silo de misiles.

miércoles, 5 de octubre de 2016

Tarde de turismo en Vilnius

Pola tarde estivemos a facer un percorrido turístico polo casco histórico da capital lituana. Sempre acompañadas destas cores outonales....

Día en Vilnius

A maña empeza con unha charla sobre Europa

lunes, 3 de octubre de 2016

Visita ao instituto de Kelme

Primeiro día en Lituania.
Visitamos o instituto que nos acolle na vila de Kelmé. Fixemos a presentación dos distintos países participantes no proxecto Crush.
Comida de confraternización no mesmo instituto. 
Pola tarde tivemos a recepción coas autoridades no Salón de Plenos do Concello e unha actividade interactiva referente ás redes sociais. 

martes, 27 de septiembre de 2016

PREPARANDO A PRÓXIMA VISITA A KELME (LITUANIA)

A próxima semana seis alumnos/as do noso centro acompañados de dúas profesoras viaxarán a Kelme en Lituania para traballar sobre os perigos do uso das redes sociais e tamén as posibilidades educativas que as novas tecnoloxías nos proporcionan.
Estamos seguros de que a experiencia resultará moi enriquecedora para os nosos compañeiros/as.
Iremos coñecendo as súas actividades grazas ás imaxes que nos envíen e tamén esperamos que nos teñan informados das súas reflexións sobre o que vaian a experimentar durante esta actividade.
Boa viaxe!