lunes, 12 de octubre de 2015

CONCURSO CREAMOS O LOGO DO NOSO PROXECTO

Comenzamos a traballar no noso proxecto ERASMUS+, como primeira acrividade propoñemovos que nos axudedes a crear o LOGO do noso proxecto, será a imaxe que nos vai definir ao longo do desenrolo do mesmo.

Recordad que o título do proxecto é:

Conflict Resolution for better ScHool management. “CRUSH”


BASES DO CONCURSO

OBXETO DO CONCURSO 
O tema do concurso é o deseño dun logotipo para o novo proxecto:  Resolución de conflitos para mellorar a convivencia no centro

PARTICIPANTES 
A participación será individual e o concurso estará aberto ao alumnado do IES AFONSO X O SABIO.

PRAZOS 
A data límite para a presentación de propostas será o 26 de outubro de2015.

PRESENTACIÓN DAS PROPOSTAS 
As propostas presentaranse en formato dixital vía correo electrónico, á seguinte dirección: ies.afonsox.cambre@edu.xunta.es. Indicando en asunto do envío a frase “proposta logo Erasmus+”.
Cada alumno/a poderá participar con ata dúas propostas de logotipo.

O logotipo poderá realizarse en calquera técnica ou soporte, tamaño DIN A-4, aínda que  para a  súa participación no concurso deberá presentarse dixitalizado (escanándoo no caso de facelo manualmente) nalgún formato dos habitualmente utilizados para gráficos de mapas de bits (JPG, GIF, TIF, BMP). Se o logotipo se deseñara utilizando ferramentas informáticas, poderá axuntarse o formato vectorial orixinal (CDR, AI, SVG, EPS).
O logo deberá incluír a palabra “ CRUSH “, e facer referencia ao tema da convivencia e así mesmo fará referencia aos países participantes: España,Italia, Lituania, Portugal e Turquía.

CRITERIOS DE VALORACIÓN 
O xurado valorará, entre outros, os seguintes aspectos:
1.- Facilidade de identificación da proposta.
2.- Deseño innovador e creativo.
3.- Adaptabilidade a calquera soporte de difusión do proxecto.
4.- E condición imprescindible que o deseño sexa orixinal. 
PREMIO

A proposta vencedora do concurso terá como premio unha praza nun dos viaxes que se realizarán nos proxectos europeos nos que o IES participa, podendo escoller o alumno ou alumna o destino.