A viaxe foi bastante longa. Logo de tres horas de avión cunha escala en Madrid e case dúas horas en tren, chegamos a Civitavecchia, que nos recibiu cun estupendo día de sol e calor. As familias e as profesoras italianas estaban agardando por nos na estación e nos brindaron unha calurosa acollida.


