viernes, 27 de mayo de 2016

Visita ao rural

A primeira visita do día foi a un viñedo, unha pequena adega familiar.
E mais tarde fomos a a unha necrópoli, onde entramos nunha tumba e nos puxeron un vídeo sobre a cultura etruska.

jueves, 26 de mayo de 2016

Conferencia sobre a lexislación laboral en Italia

Despois de unha foto de todo o grupo, tomamos un café e picamos algo.
Despois presentamos os nosos globster sobre resolución de conflictos no mundo laboral. Un alumno italiano fixo unha pequeña conferencia sobre lexislación laboral en Italia.

Os conflictos laborais

Fixeronse, nos distintos paises, vídeos con entrevistas a traballdoras e traballadores sobre aspectos dos seus traballos. Concretamente sobre conflictos laborais e a forma de resolvelos.

miércoles, 25 de mayo de 2016

Roma sempre merece un bo paseo

Paseamos e fotografiamos o Foro, a Fontana di Trevi e para rematar a plaza de España.

Camiño de Roma

Saimos para Roma con 1 hora de retraso porque había folga de trens. Chegamos a Roma e nos recibe unha manifestación ao lado do Coliseum. Mui relacionado co tema que estamos traballando: os conflictos laborais.

Actividades IFS

Despois do descanso para o café os alumnos fixeron unhas actividades relacionadas co sector turístico, e logo xantamos todos xuntos no Instituto.

Cerveteri, necrópoli e terme Taurine

Pasamos parte da tarde en Cerveteri, donde vimos antigos restos e termas romanas.

martes, 24 de mayo de 2016

Segundo día. Simulación de empresas

No día de hoxe asistimos a unha pequena conferencia onde se nos explicou como son os estudos de formación profesional en Italia e  que se estuda neste Instituto. Tamén nos contaron en que consiste o seu programa de simulación de empresas no que os estudantes aprenden como se constitúe unha empresa por medio de actividades prácticas.

lunes, 23 de mayo de 2016

Comida e paseo por Civitavechia

Fixemos un xantar no Instituto todos xuntos.
Despois coñecemos Civitavechia da man de alumnado do Instituto Stendhal.

Xogos para coñecerse

Despois dun pequeno almorzo, realizaronse varias actividades para facilitar a integración entre todas e todos os estudiantes participantes.

Presentacións dos países

O noso equipo fixo unha presentación estupenda. Falaron de Galicia, de Cambre, e por suposto do noso instituto.

Recepción no Instituto Stendhal

Ás nove da mañá chegamoa ao Instituto e nos entregaron as credencias e pasamos ao salón de actos para comenzar coas presentacións dos países participantes.

domingo, 22 de mayo de 2016

CHEGADA A CIVITAVECCHIA

A viaxe foi bastante longa. Logo de tres horas de avión cunha escala en Madrid e case dúas horas en tren, chegamos a Civitavecchia, que nos recibiu cun estupendo día de sol e calor. As familias e as profesoras italianas estaban agardando por nos na estación e nos brindaron unha calurosa acollida.


 

Primeiro día de viaxe

Despois do gran madrugón a viaxe transcorreu sen ningún problema. Os rapaces, como se ve más fotos, ían moi felices.

viernes, 13 de mayo de 2016

PRÓXIMA VIAXE A CIVITAVECCHIA (ITALIA)

Continuando coas actividades realizadas dentro do proxecto Erasmus + CRUSH, Conflict ResolUtion for better ScHool management do cal somos centro coordinador, e onde colaboramos con centros de Italia, Portugal, Lituania e Turquía, temos prevista unha próxima mobilidade a Civitavecchia (Italia).
Dúas profesoras e cinco alumnos/as, catro de 4º de ESO e un alumno de 1º de bacharelato, visitarán Civitavecchia (Italia) entre o 22 e o 28 de maio.
Durante esa semana os/as alumnos/as reflexionarán sobre os conflictos que teñen lugar nos centros de traballo.
Voa viaxe!