viernes, 19 de febrero de 2016

5º día: Visita ao parque natural da Ria Formosa

Hoxe, despois da festa da pasada noite, toca un día de paseo e decubrimentos na natureza. Fixemos unha visita ao "Parque Natural da Ría Formosa" que está nas aforas da cidade. Este parque natural ten variedade de especies de fauna e flora e os alumnos realizaron unha serie de actividades para coñecelo en profundidade.







Unha vez rematada a visita, voltamos á escola, e despois do almorzo, os alumnos tiveron que despedirse. Chega o peor momento da semana... choros, apertas, e promesas de manter contacto "forever". Actitudes que amosan que verdaderamente os nosos alumnos estiveron a disfrutar dunha semana moi especial e que o obxectivo de convivencia que tiñamos cando comezamos a viaxe foi cumprido sobradamente. 
Felicitar ás organizadoras, as familias e aos estudantes e profesores de todas as delegacións por esta semana tan especial, e... VÉMONOS EN ITALIA.





Festa na escola

Onte á noite invitáronos a unha festa organizada pola escola de Olhão na que participaron as familias xunto cos estudantes e profesores de todas as delegacións. Consistiu nunha cea elaborada polo persoal do centro e as familias colaboraron facendo os postres, que como podedes imaxinar, estaban riquísimos.


Despois da cea, os alumnos portugueses realizaron diversas actuaciones musicais cun karaoke, como era de esperar, pouco a pouco, e de maneira improvisada, algúns estudiantes doutros países, entre os que por suposto estiveron Valeria, Juan, Lucía e Martín, animáronse a participar nas actuacións e, como demostra o seguinte vídeo,o ambiente foi realmente divertido.








Entre as actuacións os coordinadores e directores das diferentes delegacións adicaron unhas palabras de agradecemento polo trato recibido durante esta semana tanto aos profesores e ao persoal do centro, como ás familias que desvivíronse durante toda a semana para que os nosos alumnos estivesen cómodos nas súas casas.


 En fin, UNHA GRAN NOITE DE DESPEDIDA PARA TODOS








jueves, 18 de febrero de 2016

4º Día:Visita a Faro

Hoxe, tivemos a oportunidade de visitar a cidade de Faro, moi cerca da nosa residencia desta semana. Primeiramente fomos ao Banco alimentar, ONG adicada ao reparto de alimentos entre distintas institucións benéficas. Neste lugar o noso alumnado tivo a oportunidade de traballar cos voluntarios.




Despois fomos a comer a un parque, no cal o noso alumnado sacou o picnic que lles deran as súas familias.
Despois do xantar, fixemos unha ruta guiada pola cidade vella de Faro, acompañados por un guía do Museo da Cidade, onde acabou a nosa visita. 










Hoxe, para cear, os nosos novos amigos portugueses van facer unha festa na escola, coas familias e todos nós. Mañá poderemos contar qué sorpresas tivemos.

miércoles, 17 de febrero de 2016

Tercer día en Olhão





Hoxe tivemos un día completo de traballo na escola. Os nosos estudantes foron emigrantes por un día e tiveron unha serie de sesións lectivas con distintos grupos. ¡Incluso foron profesores en algunha clase!.
Mentres tanto, as profesoras asistimos a unha sesión con estudantes emigrantes, que nos explicaron as súas vivencias e a súa opinión sobre a integración dunha persoa que marcha a outro país.


Ademais, tivemos a sorte de asistir a unha charla impartida por unha representante do Alto comisionado polas migracións, de Lisboa, que nos explicou as accións que se realizan neste ámbito en Portugal.

Posteriormente o profesorado tivo que explicar os datos recadados en cada Instituto. Nós explicamos a situación da migración no IES Afonso X O Sabio, tras a cal poderemos elaborar un protocolo de actuación.

Pola tarde, tras a comida na escola, foi o turno do alumnado. O noso alumnado explicou o resultado das enquisas sobre o alumnado inmigrante no IES Afonso X O Sabio e tamén expuxéronse uns vídeos sobre entrevistas que se fixeron no propio instituto de Cambre. Posteriormente tiveron que expresar as súas opinións sobre as experiencia do día.



 
Finalmente, un dos nosos alumnos tivo unha sorpresa moi bonita, no día do seu 16 cumpreanos recibiu unha enorme tarta de cumpreanos por parte dos nosos novos amigos portuguesas... ¡Moitísimas grazas por un momento tan emocionante!



martes, 16 de febrero de 2016

My interactive map

Segundo día en Olhão

Hoxe estivemos visitando as distintas illas que rodean Olhao. En concreto puidemos visitar unhas illas, para compensar o intenso día de traballo de onte -no cal o alumnado aprendeu a traballar cos seus CV europeos e a cubrir o pasaporte europeo das linguas, mentres que as súas profesoras estivemos cubrindo os certificados de mobilidade Europass-. Hoxe, martes, tivemos sorte, fixo bo día e algo menos de vento que o luns. Primeiro estivemos nunha illa moi vacacional, chamada Illa de Armona, chea de pequenas residencias vacacionais. A segunda illa que visitamos foi a Illa de Culatra, na que primeiro visitamos o faro e a súa inmensa praia e, despois, volvimos a coller o barco para acudir a un típico restaurante da zona.









Os nenos e nenas de Cambre están a coñecer a moitos novos amigos e amigas. Neste proxecto os rapaces non só falan en inglés, senón tamén en francés e portugués!. 

lunes, 15 de febrero de 2016

SEGUNDO DÍA EN OLLAO

Pola mañá:
  • Recepción no salón de actos, co director e autoridades locales. 
  • Entrega a cada alumno/a dunha camiseta co seu nome, o logo y a bandeira,
  • Xogos populares (cordas zancos, sogatira....). 
  • Paseo ata o centro comercial, e volta ao centro a comer.
Despois de comer: coñecemos o europass

Ata este momento está resultando unha experiencia moi interesante e divertida. Mañá seguiremos disfrutando de novas experiencias.