martes, 27 de septiembre de 2016

PREPARANDO A PRÓXIMA VISITA A KELME (LITUANIA)

A próxima semana seis alumnos/as do noso centro acompañados de dúas profesoras viaxarán a Kelme en Lituania para traballar sobre os perigos do uso das redes sociais e tamén as posibilidades educativas que as novas tecnoloxías nos proporcionan.
Estamos seguros de que a experiencia resultará moi enriquecedora para os nosos compañeiros/as.
Iremos coñecendo as súas actividades grazas ás imaxes que nos envíen e tamén esperamos que nos teñan informados das súas reflexións sobre o que vaian a experimentar durante esta actividade.
Boa viaxe!