miércoles, 17 de febrero de 2016

Tercer día en Olhão





Hoxe tivemos un día completo de traballo na escola. Os nosos estudantes foron emigrantes por un día e tiveron unha serie de sesións lectivas con distintos grupos. ¡Incluso foron profesores en algunha clase!.
Mentres tanto, as profesoras asistimos a unha sesión con estudantes emigrantes, que nos explicaron as súas vivencias e a súa opinión sobre a integración dunha persoa que marcha a outro país.


Ademais, tivemos a sorte de asistir a unha charla impartida por unha representante do Alto comisionado polas migracións, de Lisboa, que nos explicou as accións que se realizan neste ámbito en Portugal.

Posteriormente o profesorado tivo que explicar os datos recadados en cada Instituto. Nós explicamos a situación da migración no IES Afonso X O Sabio, tras a cal poderemos elaborar un protocolo de actuación.

Pola tarde, tras a comida na escola, foi o turno do alumnado. O noso alumnado explicou o resultado das enquisas sobre o alumnado inmigrante no IES Afonso X O Sabio e tamén expuxéronse uns vídeos sobre entrevistas que se fixeron no propio instituto de Cambre. Posteriormente tiveron que expresar as súas opinións sobre as experiencia do día.



 
Finalmente, un dos nosos alumnos tivo unha sorpresa moi bonita, no día do seu 16 cumpreanos recibiu unha enorme tarta de cumpreanos por parte dos nosos novos amigos portuguesas... ¡Moitísimas grazas por un momento tan emocionante!



0 comentarios:

Publicar un comentario